Skip to main content
Agroxardinería Servet logo
  • Español
  • Galego
  • Quén Somos
  • Certificados
  • Ónde Estamos
  • Galerías
  • Contactar
Inicio

Veterinaria

Produtos para pequenos animais

Nas nosas tendas poderá vostede encontrar dende roupa para as súas mascotas, xampús, xoguetes, transportíns, gaiolas, peixeiras, mantas, colchóns, niños, antiparasitarios internos e externos, colares, correas, arneses, cepillos, bozos, snacks. Ademais, dispoñemos de todo tipo de pensos para a súa mascota.

Accesorios de gandaría e equitación

Para equitación, ademais de monturas, fustas, cabezadas, arneses, trabas, poderá encontrar tamén almofozas bruzas limpadores de cascos limpiasudores produtos para cascos, antiparasitarios, xampús e dentro da gama de pensos somos distribuidores de pensos Pavo, así como de toda a súa gama de correctores.

En canto a Gandaría dispoñemos de mallas para peche de terreos así como de postes de madeira tratados en autoclave. Dentro do apartado de peches destacar tamén a existencia de cercados eléctricos, tanto de batería coma de corrente eléctrica.

Poñemos tamén á súa disposición gaiolas tanto para cunicultura como para avicultura, así como de bebedoiros e comedeiros para estes animais.

Alimentación Animal

Somos distribuidores de prestixiosas marcas do grupo Nutreco, entre as que atopamos:

ARION.- nas súas gamas Friends e Premium para a alimentación de cans e gatos.

NANTA.- pensos para gandaría, avicultura, cunicultura.

PAVO. - gama de pensos moi especializado no sector equino.

 

Contidos

  • Decoración Exterior
  • Fitosanitarios
  • Xardíns
  • Plantas e Flores
  • Substratos e Abonos
  • Veterinaria
  • Outros Traballos

Agroxardinería Servet S.L., 2012 | Contacto | Aviso Legal