Skip to main content
Agroxardinería Servet logo
  • Español
  • Galego
  • Quén Somos
  • Certificados
  • Ónde Estamos
  • Galerías
  • Contactar

Quén Somos

AGROXARDINERIA SERVET, S.L.
NIF: B27403740
Sociedade inscrita no Rexistro Mercantil de Lugo ó tomo 418, folio 12 e folla LU-13574.

A nosa empresa nace en Alfoz (Lugo) en suño de 2000 como unha actividade complementaria da profesión do fundador desta, a Veterinaria, de aí naceu a denominación da empresa: SerVet, como abreviatura de "servizos veterinarios". En principio iníciase coa venda de produtos zoosanitarios e fitosanitarios, así como produtos destinados á gandaría en xeral, dada a forte tradición gandeira da bisbarra. En 2001, convertémonos en distribuidores de Nanta e Arión, dúas prestixiosas marcas de pensos do grupo Nutreco.

Pouco a pouco, o número de gandarías foi descendendo na zona e, ao mesmo tempo, a clientela foi demandando outros produtos tales como: plantas de interior e exterior, flores e todo tipo de accesorios e produtos relacionados coa xardinaría, así como accesorios e alimentación para animais domésticos e de compañía. Esta demanda crecente animounos a abrir unha delegación na localidade costeira de Burela (Lugo) en Outubro de 2006 máis ben orientada xa a este segundo segmento de clientela.

En 2010 iniciamos outra liña de negocio, consistente na realización, deseño e mantemento de xardíns, así como podas de todo tipo de árbores, tanto para obra civil como privada.

Tenda Alfoz Tenda Burela

Contidos

  • Decoración Exterior
  • Fitosanitarios
  • Xardíns
  • Plantas e Flores
  • Substratos e Abonos
  • Veterinaria
  • Outros Traballos

Agroxardinería Servet S.L., 2012 | Contacto | Aviso Legal